Boa xornada para os equipos locais de terceira e rexional preferente

Boa xornada para os nosos equipos locais. En terceira división o Céltiga venceu en casa O Val por cinco goles a cero e o Portonovo conseguiu os tres puntos ó encaixar un tanto ó Bergantiños. En rexional preferente o Grove logrou levarse o derbi ó gañar ó Cambados por cero a dous. O Céltiga logrou o seu primeiro triunfo no Salvador Otero da tempada. Un débil O Val saleu o campo amosando o por qué é colista na terceira división. A goleada que os locais encaixaron na portería contraria foi un espaldarazo os illenses e o bo cambio de sistema realizado por Manuel Núñez que disputou sobre o terreo de xogo unha liña de cinco defensas con Beni por diante. O máis destacable do partido ademáis dos cinco tantos do Céltiga foi a actuación do árbitro Jiménez Alberte que só amosou tarxetas por accións có xogo detido. Para o Portonovo tamén foi unha boa xornada ó lograr tres puntos ó Bergantiños nun dos mellores partidos que se puderon ver en Baltar. O Portonovo arropouse arredor do portugués Bruno que realizou un sensacional encontro no medio do campo e que contaxiou a suas gañas, ambición e garra ó resto do equipo que esta vez deixou ver o que será o equipo conxuntado. O arbitro Fernández Pérez levou o partido o seu terreo, firme e seguro. En rexional Preferente o Xuventude Cambados e o Unión Deportiva O Grove disputaron o primeiro derbi comarcal. Os xogadores mecos lograron o triunfo en Burgáns ante un Cambados falto de decisión. Os cambadeses querían brindarlle a victoria o seu adestrador Joseíño pero o Unión chegou o campo visitante coa idea de facerse co triunfo. A actuación destacada do partido foi a do meta visitante, Roberto, que frustrou as ocasións cambadesas con grandes intervencións que remataron en gol.