Boiro Aberto organiza un concurso de disfraces para festexa-lo entroido

    147

    BOIRO > O Centro Comercial Urbano ‘Boiro Aberto’ organiza un concurso de disfraces para festexa-lo entroido. Os interesados en participar poden formalizar inscrición a partir do día 17 na sede da ABE ou en calquera dos locais participantes. A organización ten previsto repartir un total de 900 euros en premios.

    O día 25 será a data deste concurso no que a orixinalidade xogará un papel decisivo á hora de elixi-los gañadores. A dinámica do certame é moi sinxela; os participantes deberán percorrer os distintos locais hostaleiros que participan na iniciativa para que o xurado valore a calidade dos seus disfraces e cada establecemento puntuará os atuendos de cero a cinco.

    As persoas interesadas en participar poderán facelo de forma individual, por parellas ou ben en grupos de seis membros como mínimo. As inscricións poderan formalizarse dende o día 16 ata o 23 no local da Asociación de Empresarios ou en calquera dos establecementos participantes, onde os concursantes recollerán a tarxeta acreditativa.

    As bases do certame poderán consultarse na páxina web do centro comercial www.boiroaberto.com así como nos negocios que participen na iniciativa.

    En canto ós premios, vanse repartir un total de 900 euros. Na categoría individual e de parellas o primer clasificado recibirá 150 euros, o segundo 100 e o terceiro 50. As contías ascenden un pouco na categoría de grupos xa que toca repartir, sendo o primeiro premio de 300 euros, o segundo de 200 e o terceiro de 100 euros.

    Redacción Barbanza

    COMPARTIR