Cultura achegará 400 mil euros para a construción do Centro Social de Abanqueiro

    88

    BOIRO > A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia vén de concederlle unha subvención ó concello de Boiro de 400 mil euros para a construción do Centro Socio-cultural de Abanqueiro. O edificio, cun presuposto total ubicarase nunha parcela de titularidade municipal no lugar da Fieiteira.

    O concello de Boiro elaborou a finais do pasado ano o anteproxecto para a construción dun Centro Social na parroquia de Abanqueiro. A construción destas instalacións, presupostadas en preto de oitocentos mil euros, serán en breve unha realidade para os veciños desta parroquia que verán cumprida unha das súas maiores demanadas. O novo edificio ubicarase nunha parcela de titularidade municipal no lugar da Fieiteira, duns oitocentos metros cadrados.

    As dependencias do centro sociocultural terán uns setecentos vintedous de superficie útil, distribuídos en dúas prantas.abanqueiro_300_180506.jpg

    Na pranta baixa estará situada a recepción e a cafetería, un salón de actos con capacidade para máis de setenta prazas e unha sala polivalente. A pranta superior acollerá tres aulas para a realización de cursos e actividades culturais, unha biblioteca e os aseos.

    O executivo local xa presentou o proxecto ós veciños de Abanqueiro que amosaron o seu acordo coa creación deste centro.

    O proxecto sairá en breve a exposición pública, destinándose ademais unha partida orzamentaria para a súa execución nos presupostos do presente ano, co obxectivo de inicia-la obra de contado.

    A creación destas instalacións en Abanqueiro vense sumar ó proxecto do Centro Social de Cabo de Cruz promovido polo tripartito que será ubicado no antigo mercado da localidade.

    Redacción Barbanza

    COMPARTIR