…un ourensán de 14 anos de idade que se ven de proclamar campión galego infantil e número un de España. Esta tarde, Tele Salnés – Barbanza estivo con el e co seu adestrador Chalu para ver como é o adestramento dun campión.
Coma todo, neste deporte, hai cousas que lle gustan máis e menos. O que máis é a técnica que perfecciona cos seus adestradores: Chalu, Antón e Noli. En gran medida son eles, os adestradores, os artífices do seu éxito. As estatísticas dos partidos das últimas 52 semanas servíronlle para gañar o título como campión galego en infantil e ser o número 1 de España. Iso non lle impediu compaxinar á perfección deporte e estudos. O futuro aínda o ve lonxe. O que ten claro é que para ser bo nisto lle gustaría ter o a garra de Nadal e o golpe de Velasco.
Redacción Salnés