Telmo Martín presentou unha lista renovadora con marcado ‘perfil xestor’

    telmo_martin_100_300307.jpgPONTEVEDRA > O candidato á alcaldía de Pontevedra polo PP, Telmo Martín, presentou hoxe a lista coa que se presenta ás vindeiras eleccións

    …de maio. O número dous é para Teresa Pedrosa, no tres o arquitecto Ricardo Aguilar; no cuarto posto a xerente de Pescamar, Guadalupe Murillo e no quinto o traumatólogo José manuel Barragáns. Dous ex alcaldes da cidade pechan a lista, Juan Luis Pedrosa no 25 e Francisco Javier Cobián, no 30.

    Telmo Martín, candidato á alcaldía de Pontevedra polo PP presentou hoxe ós nomes que o acompañarán na súa candidatura. O segundo posto é para Teresa Pedrosa, seguida do arquitecto Ricardo Aguilar e Guadalupe Murillo, xerente de Pescarmar no terceiro e cuarto posto respectivamente. Xa no quinto, o traumatólogo José Manuel Barragáns. Martín destacou o perfil dos membros da candidatura e a súa profunda renovación.

    Candidatura

    O candidato destacou a presencia de dous ex-alcaldes da cidade na lista, Francisco Javier Cobián, no posto 30, o de peche; e Juan Luis Pedrosa, no 25. Tamén nos últimos postos se atopa un histórico, Francisco Arturo Pichel de quen Martín destacou o apoio que lle mostrou ó seu proxecto. Por outra banda, dous dos membros da candidatura xa formaran parte dunha lista por outras formación, neste caso pola UCD-CDS. Son os postos 23 e 24, José Pablo Galván, e Pastor Torres, respectivamente.

    Telmo Martín asegurou que o obxectivo é o de traballar xuntos pola cidade, pero aínda non ten definido quen ocupara cada área, xa que segundo dixo, eso será o traballo para o día 28 de maio.

    Redacción Salnés