Os socialistas da comarca informan dos catro anos de goberno de Zapatero

    precampaapsoe_100.jpgVILAGARCÍA > Esta mañá comezou en Vilagarcía o itinerario marcado pola equipa socialista para informar á cidadanía do Salnés dos catro anos de goberno de José Luís Rodríguez Zapatero.

    Nesta praza de Galicia vilagarciana, os deputados no Congreso Antón Louro e Domingo Tabuyo, fixéronse acompañar do secretario provincial do PSdG-PSOE e deputado no parlamento, Modesto Pose, e da alcaldesa deste Concello, Dolores García. Todos eles dedicaron parte da xornada a falar ca cidadanía e a subministrarlle folletos propagandísticos.

    Os socialistas quixeron resumir estes catro anos nos que se fixo fincapé segundo eles en políticas de progreso en distintos sectores, como as políticas sociais. Os membros do PSOE defenderon ademais que a executiva do goberno central tamén acometera importantes inversións en Galicia e na comarca e en Vilagarcía.

    Neste último Concello a inversión multiplicouse por tres nos últimos anos, principalmente en obras de articulación da comarca e de caracter medioambiental. Nos vindeiros días continuará esta campaña propagandística por toda a Galicia, como antesala das vindeiras eleccións a nivel nacional, das que aínda non se coñece a data de celebración.

    Redacción Salnés.