Os gandeiros de Posmarcos denuncian os frecuentes ataques do lobo na Curota

    ataquelobo_100_131107.jpgBARBANZA > Na Curota son frecuentes os episodios nos que o lobo acaba coas crías da vaca e de egua, e mesmo comezou a atacar a animais adultos.

    A riqueza medioambiental que caracteriza á Serra do Barbanza estase a ver salpicada, en ocasións, por este tipo de incidentes, provocados pola proliferación e desenvolvemento de certas especies de depredadores, coma o lobo, que agora campan ás súas anchas polos nosos montes. Estas situacións estanse a dar con bastante regularidade na zona, enfrontando a gandeiros e ecoloxistas.

    Iso sábeno moi ben os gandeiros da asociación de Postmarcos na Pobra do Caramiñal, que esta pasada fin de semana sufriron o ataque do lobo en algúns dos seus animais.

    Segundo eles os ataques dos lobos son bastante habituais no monte da Curota, sobre todo as reses máis novas, crías de vaca e egua, máis indefensas que os animais adultos. O que para eles resulta bastante chamativo é que agora o lobo empeza a cebarse tamén con estes últimos.

    As perdas para os gandeiros son considerables pero ademais do aspecto económico, os gandeiros de Postmarcos temen que os ataques das feras vaian a máis, e se poidan trasladar tamén a persoas que diariamente transitan polo monte.

    Batidas

    Para eles unha das solucións ó problema poderían se-las batidas. Xa lle solicitaron en varias ocasións á Consellería de Medio Ambiente poder realizalas, pero polo de agora o departamento autonómico aínda non emitiu resposta.

    {flowplayer}barbanza/ataquelobo.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza