Os pais de Artes mobilízanse para pedir unha liña de transporte escolar

    paisartes_100_131107.jpgRIBEIRA > Os pais dos alumnos de Artes que cursan estudos de Secundaria en Ribeira levan anos reclamando unha liña de transporte para os estudantes.

    Cansos de reinvindicar en innumerables ocasións unha liña de transporte axeitada para os seus fillos, os pais dos alumnos de Secundaria da parroquia de Artes decidiron comezar coas medidas de presión. O venres teñen previsto concentrarse ás tres e cuarto da tarde diante do colexio da localidade para pedir novamente á Consellería de Educación que poña solucióna este problema.

    Na actualidade, os rapaces desta parroquia que cursan estudos de ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos no IES Coroso de Ribeira só dispoñen dunha liña de transporte regular que está saturada, obrigando ós nenos a viaxar de pé en moitas ocasións. Ademais este autobus non realiza paradas nos lugares de Gude, Goda ou Sego, entre outros, co que os nenos teñen que desprazarse andando para colle-lo autobus.

    Os pais non entenden porque non se dota ó alumnado de secundaria dunha liña de transporte escolar, como a que utilizan os escolares de primaria posto que teñen os mesmos dereitos ó tratarse en ámbolos dous casos de ensino obrigatorio.

    Tralas numerosas queixas presentadas nos últimos dous anos, a Consellería de Educación saíu ó paso explicando que se estaba a estudar a ampliación da liña. Sen embargo, transcorridos xa dous meses do comezo do curso as cousas seguen igual. Ante isto, os pais non tiveron máis remedio que recurrir ás mobilizacións nas que agardan contar co apoio dos colectivos veciñais.

    {flowplayer}barbanza/paisartes.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza