Clases anticontaminación no porto da Pobra

    anticontaminacion_100_16110.jpgPOBRA > O porto da Pobra acolleu esta mañá unha clase práctica de utilización dos sistemas anticontaminación para estar preparados por si ocorre algún accidente.

    Na lección participaron efectivos de Portos, de Protección Civil da Pobra, da consellería de Pesca, de Salvamento Marítimo, así como algúns usuarios do porto pobrés.

    A primeira das barreiras anticontaminación que se despregou na dársena pobresa está almacenada no porto de Tragove, desde onde se trasladará ós lugares nos que se produzan accidentes e a segunda, a GP750, quedará no porto da Pobra, para desde aquí trasladala tamén a onde sexa necesario.

    Básicamente, o exercio desta mañá consistiu no despliegue das barreiras e en aprender a utilizar un skimmer teledirixido.

    Para dársenas ou rías

    Este tipo de sistemas anticontaminación realmente só son efectivos para prever verquidos dentro dunha dársena ou nunha ría, pois en mar aberto ou se as ondas son moi grandes, a súa efectividade vese considerablemente reducida.

    Desde Portos de Galicia estase a facer un traballo continuado con este tipo de estratexias para que todas as persoas que operan nos peiraos da comunidade poidan actuar ante os accidentes que xurdan traballando.

    Se se tratase dun caso real, sen contar o tempo de desprazamento das barreiras, o dispositivo anticontaminación estaría operativo nunhas dúas horas.

    Pola súa banda, o alcalde pobrés, Isaac Maceiras destacou a importancia de realizar este tipo de ensaios para evitar que un accidente se convirta nunha catástrofe.

    Ampliación do porto

    Co gallo da súa visita á Pobra, o presidente de Portos aproveitou para anunciar unha serie de obras que o seu departamento vai levar a cabo no municipio e noutros peiraos da comarca. Unha das máis importantes foi o anuncio da inminencia de presentación do proxecto de ampliación do porto comercial da Pobra.

    Novos pantaláns

    Portos de Galicia acometerá antes de que finalice o ano outras dúas obras na zona portuaria pobresa: a creación de novos pantaláns de bateeiros e a conservación e mellora dos pantaláns das embarcacións da sétima lista. Na primeira das actuacións o ente autonómico invertirá máis de 400 mil euros e na segunda 200 mil.

    Dependencias Capitanía

    O alcalde pobrés fixo o anuncio doutra obra máis: a construcción de novas dependencias da capitanía de Portos, un organismo periférico da Marina Mercante, que agora mesmo se atopa nun local non moi axeitado da casa do mar pobresa. A parcela elexida para estas instalacións é unha situada detrás da lonxa.

    Nova lonxa para Ribeira

    Jacinto Parga, presidente de Portos de Galicia, falou tamén sobre a ampliación do porto de Ribeira, que se leva solicitando desde hai máis de cinco anos. Parga aclarou que non se pode acometer a ampliación do porto mentres que non se dé solución ó problema de construcción da nova lonxa para pescadores e mariscadores.

    O presidente de Portos tratou tamén outras deficiencias do porto de Ribeira, como a limpeza da dársena, do seu fondo e a ubicación do mercadiño, que si non quere ser trasladado terá que utilizar ben os sistemas de limpeza.

    Ampliación Porto Cabo

    Jacinto Parga adiantou tamén que o seu departamento xa trasladou ó Consello da Xunta o proxecto de ampliación do porto de Cabo de Cruz. Cando reciba o visto bo do Consello, previsiblemente en menos de dúas semanas, pasarase á licitación das obras.

    {flowplayer}barbanza/anticontaminacion.flv{/flowplayer} 

    Redacción Barbanza