O concello pobrés dispón dun novo vehículo contraincendios

    camionpcpobra_100_201107.jpgPOBRA > O vehículo, financiado a través dunha subvención da Consellería de Presidencia, foi presentado esta mañá na parte traseira da casa consistorial.

    Dende hai tempo o executivo pobrés viña demandando un vehículo destas características, xa que o que se viña empregando ata o momento tiña máis de 20 anos. A adquisión do novo camión motobomba foi posible grazas a unha subvención da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que aportou uns 90 mil euros. A cantidade restante ata completa-los 116 mil euros que custou o vehículo, partiron do propio concello pobrés con cargo ós orzamentos municipais deste ano. Foi precisamente o edil responsable de Protección Civil, Andrés Millán, o encargado de explica-las características do novo camión.

    Con esta adquisición, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra pasará a contar con dous camións motobomba e dous vehículos todo terreo, para servizos terrestres, e dúas lanchas neumáticas, para urxencias que se produzan no mar.

    Labor desinteresado

    Durante o acto o alcalde aproveitou tamén para agradece-lo labor que desempeñan ó longo do ano os voluntarios de Protección Civil, sempre desinteresado e en favor dos veciños.

    {flowplayer}barbanza/camionpcpobra.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza