Unión Fenosa renova o tendido eléctrico en Lesón tras anos de deficiencias

    vecinosleson_100_231107.jpg

    POBRA > Despois de máis de tres anos denunciando as continuas deficiencias no subministro eléctrico, os veciños da parroquia pobresa de Santa Cruz de Lesón están de noraboa.

    As súas queixas foron tidas en conta pola Delegación de Industria que instou á empresa Unión Fenosa a realizar un proxecto coa finalidade de mellora-lo servizo. Unha actuación que está a ser realizada actualmente e pola que os veciños quixeron dar as grazas.

    A compañía de elctricidade Unión Fenosa está a levar a cabo actualmente a renovación do tendido eléctrico na zona de Lesón-Quintáns, na parroquia pobresa de Santa Cruz, para mellora-las deficiencias que, dende hai anos, vén denunciando a Asociación de Veciños.

    A Consellería de Industria cumpriu así o compromiso inicial adquirido polo Delegado Provincial, Xosé Luís Barcia. Unha accción que os veciños quixeron agradecer.

    Solución ás deficiencias 

    Con estas obras os veciños de Santa Cruz de Lesón verán solucionadas as constantes baixadas e subidas de tensión debido ás deficiencias que presentaba o actual tendido eléctrico, insuficiente para toda a poboación que habita neses núcleos.

    Ás molestias derivadas desta situación na vida cotiá, que lles imposibilitaba tarefas tan sinxelas como ve-la televisión, encende-lo ordenador ou poñer a lavadora, hai que engadirlle tamén as constantes avarías rexistradas nos electrodomésticos debido ós cambios bruscos de tensión.

    Por outra banda os membros da xunta directiva da asociación de veciños de Santa Cruz arremeteron contra o alcalde por querer apropiarse dunha actuación pola que nunca fixo nada.

    {flowplayer}barbanza/vecinosleson.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza