O PP solicita que os transportes de materiais de obra circulen pola autovía

    ruizautovia_100_26112007.jpgBARBANZA > Ante as retencións rexistradas na estrada AC-305, o PPdeG solicita á Xunta ‘solucións inmediatas’ para evitar os colapsos de tráfico.

    O transporte de vigas para as obras da autovía do Barbanza puxo a proba a paciencia dos condutores que durante a pasada semana circularon pola estrada comarcal AC-305. A presenza de vehículos pesados e transportes especiais provocou retencións quilométricas facendo que a viaxe entre Santiago e Ribeira durase case tres horas.

    Ante esta situación, o Partido Popular solicitou á Consellería de Política Territorial a adopción de medidas para evitar novos colapsos. O seu portavoz parlamentario, Manuel Ruíz, propón que estes vehículos circulen pola autovía e, no caso de non ser posible, que se poñan en marcha operativos especiais, en colaboración coas policías locais, para evita-las retencións.

    Incumprimento dos prazos

    Por outra banda, os populares teñen solicitado tamén unha orde de axudas para os sectores máis afectados polo peche da vía rápida. Neste sentido, lembran a promesa incumprida pola Conselleira de Política Territorial de manter aberto o trazado e dastacan o retraso na apertura da autovía con respecto ó proxecto inicial.

    Ademais destas solicitudes, os populares seguen a demandar á Consellería que lle permita visita-las obras a unha delegación parlamentaria do PPdeG. Manuel Ruíz lembrou que hai unhas semanas, a Xunta denegoulles o acceso á autovía para supervisar o ritmo dos traballos.

    {flowplayer}barbanza/ruizautovia.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza