O PP pide a implantación dunha unidade oncolóxica no hospital do Barbanza

    servizooncoloxia_100_031207.jpgBARBANZA > O Partido Popular pretende implantar servizos de oncoloxía nos hospitais comarcais do Barbanza, O Salnés e Cee.

    Os populares levarán ó Parlamento unha iniciativa solicitando a creación de unidades específicas que permitan ós enfermos de cancro recibir un tratamento axeitado no lugar máis próximo ós seus domicilios.

    Estudo epidemolóxico

    A proposta do Partido Popular xorde trala publicación do atlas municipal de mortandade por cancro en España, elaborado polo Centro Nacional de Epidemioloxía e o Cento de Saúde Carlos III. Os datos deste estudo sitúan ós concellos de Carnota, A Pobra, Porto do Son, Rianxo e Ribeira entre os 170 municipios españois con maior incidencia de cancro de pulmón, mentres que na Pobra e Ribeira detéctase tamén un importante índice de cancro de larinxe.

    Por este motivo, os populares decidiron presentar unha proposición non de lei instando á Xunta de Galicia a dotar de unidades de oncoloxía, que inclúan a aplicación de quimioterapia, ós hospitais comarcais do Barbanza, O Salnés e Cee. Deste xeito preténdese facilitar a atencións ás persoas afecatdas de cancro evitando que sexan derivados a Santiago.

    Enmenda ós orzamentos

    A este respecto, o PPdeG ten formulada unha enmenda ós orzamentos da Xunta para 2008 co fin de habilitar unha partida de oitocentos mil euros destinada a financia-la implantación do servizo de oncoloxía no hospital do Barbanza. Consideran os populares que se trata dun investimento perfectamente aumible e moi necesario.

    Lembran ademais que o peche da vía rápida na actualidade supón aínda un maior traxecto para os enfermos que teñen que desprazarse a Santiago polo que instan á Xunta a axilizar a implantación da unidade oncolóxica.

    {flowplayer}barbanza/servizooncoloxia.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza