Educación negociará unha solución alternativa para o transporte en Artes

    juanaermitas_100_101207.jpgRIBEIRA > A edil de Educación de Ribeira mantivo unha reunión co novo delegado de Educación para analizar as principais necesidades dos centros educativos.

    A edil, Juana Ermitas Crugeiras, aproveitou a xuntanza para tratar as demandas dos pais de Artes en relación á dotación dunha liña de transporte escolar para os alumnos de Secundaria. O novo delegado de Educación, José Manuel Mouriz, comprometeuse a buscar unha solución para dar un servizo axeitado ós alumnos de secundaria desta parroquia que cursan estudos en Ribeira.

    A pesar de que as demandas dos pais non son asumibles na súa totalidade posto que a implantación dunha liña de transporte escolar constituiría un agravio comparativo con respecto a outros concellos, a Consellería tentará negociar unha solución alternativa coa empresa de transporte que actualmente presta o servizo.

    Necesidades urxentes

    Durante a xuntanza, ámbolos dous responsables de Educación analizaron tamén as principais deficiencias que presentan os centros educativos de Ribeira. Entre elas, algunhas tan importantes como o mal estado de conservación do muro do colexio de Olveira ou a falla de espazo na maior parte dos colexios.

    A concelleira de Educación destacou a boa sintonía existente co novo delegado provincial polo que agarda que as peticións do executivo local sexan atendidas nun prazo de tempo razoable. Neste sentido, Juana Ermitas Crugeiras lembrou que nos últimos anos pouco se ten invertido nos centros escolares de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/juanaermitas.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza