Pescadores de Honduras toman como modelo o sistema de produción galego

marieiroshonduras_100_121207.jpgNOIA > A confraría de pescadores San Bartolomeu de Noia recibiu a visita dunha delegación de pescadores de Honduras.

Os pescadores estiveron observando o xeito de traballar dos mariscadores noieses co fin de poder extrapolalo ás explotacións do seu pais.

Estes hondureños estudiarán o xeito de poder levar ó seu país o sistema de traballo nas rías galegas, aínda que cren que vai ser complicado, xa que alí sobre todo traballan con diferentes tipos de peixe e con camarón.

Os hondureños destacaron da súa visita os avanzados métodos de traballo e de organización que se empregan aquí, pois o que impera no seu país é a desorganización entre os pescadores.

Despois de visitar as zonas de explotación e a confraría noiesa, esta delegación de Honduras marchou cara Ribeira onde ían coñecer o sistema de subhasta de peixes e mariscos que se emprega en Galicia.

Campaña da ostra

Por outra banda, o patrón maior da confraría noiesa informou que os barcos que comezaran a campaña da ostra tiveron que interrumpila onte por culpa da gran cantidade de argazo que hai nos bancos. Esta decisión foi difícil de tomar, xa que o bivalvo estaba acadando moi bos prezos, pero era moi difícil de traballar.

{flowplayer}barbanza/marineiroshonduras.flv{/flowplayer}

Redacción Barbanza