Prisión preventiva para o garda civil acusado de asasinar a Mari Luz Pose

enterrovid_181207_copy.jpgVALGA > Xa está no cárcere da Lama Jaime Maiz Sanmartín, o garda civil acusado de asasinar á súa ex parella sentimental dun tiro.

A xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción, número tres de Cambados, dictou auto de prisión provisional para o axente, que está imputado por un delicto de asasinato. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia indica nun comunicado que o axente deu unha taxa de alcohol en sangue de 0,86 miligramos por litros de aire expirado. A xuíz solicitou informes de balística e parafina. Tamén moveu ficha a Dirección Xeral da Garda Civil, que tomou a decisión de suspender en funcións a Jaime Maiz. Xa se puxo en marcha o correspondente expediente disciplinario que pode desencadear na súa expulsión do corpo, aínda que hai que esperar á resolución xudicial do caso. Sería expulsado se a condena que lle impón ó xuíz é superior ós tres anos.

A escasos quilómetros Mari Luz Pose descansa xa no lugar do que era orixinaria, Campaña, en Valga. A Igrexa de Santa Cristina acolleu esta mañá o funeral e posterior enterro.

Pasadas as once e media da mañá chegaban dous coches, un deles cargado de flores de amigos e veciños e outro no que trasladaban os restos mortais de Mari Luz. A chegada foi recibida cun silencio moi respetuoso, sobrecolledor.

As caras dos familiares reflectían a tremenda indignación e dor que están a sufrir estes días. Púidose ver moita xente nova, bastantes deles amigos dos tres fillos que deixa orfos Mari Luz. Eles foron os que arrouparon e serviron de grande apoio para os familiares máis cercanos nestes momentos tan duros.

Un dos primeiros en chegar á Igrexa foi José María Bello Maneiro, alcalde de Valga, e que coñecía directamente á victima; o rexedor amosouse moi apesadumbrado polo suceso.

E é que este ano as desgracias cebáronse co pobo de Valga; moitos accidentes de tráfico, o triple atropelo no paso a nivel e agora, un novo epidsodio, sen dúbida, dos máis tráxicos.

Ademais de Bello Maneiro tamén estiveron presentes outras autoridades políticas e persoeiros de Cambados e Valga, coma o Presidente de Zona Centro, Marcos César González, o tenente de alcalde Luis Aragunde e a concelleira de cultura cambadesa, Anabel Carro.

{flowplayer}images/salnes/enterro.flv{/flowplayer} 

Redacción Salnés