Estudantes de Cambados fan unha visita guiada pola canceira municipal

    perrera100_030108.jpgCAMBADOS > A Asociación protectora de animais de Cambados busca familia para moitos cans abandonados.

    Esta mañá, un grupo de escolares cambadeses coñeceron de primeira man, non só os 72 cans que viven na canceira, senón o traballo levado a cabo polos responsables do albergue, cunha visita guiada. A oficina de Información Xuvenil do Concello pretende así concienciar aos máis pequenos sobre o coidado e protección dos animais.

    Nestas datas é moi usual que os Reis Magos agasallen aos rapaces con mascotas. É un bonito presente, pero leva consigo unha grande responsabilidade. Un can pode vivir ata vinte anos e moitas veces, os donos non son quen de coidalo e abandónao sen máis.

    Esta lamentable situación é a que os responsables da canceira de Cambados, atopan de seguido. Atallala mediante a concienciación, é un dos seus obxectivos e polo que parece, esta mañá, lográrono cun grupo de escolares que rapidamente fixo amigos na canceira e ademais aprenderon ben a lección: tódolos nenos saben que os animais teñen que ser respectados e precisan recibir cariño e bos tratos.

    O albergue de animais de Cambados acolleu cans feridos, maltratados… cadelas preñadas, todos eles abandonados polos seus donos. Cada can que chega, é bañado, desparasitado, castrado e vacinado. A desparasitación lévase a cabo cada tres meses e os cans teñen toda a atención sanitaria que precisan.

    Son animais moi agradecidos e agarimosos. Xa cerca do día dos Reis Magos, pódese pensar na canceira coma nunha gran tenda con cans de tódolos tamaños, cores e razas. Adoptar é mellor que mercar. A xerente da canceira de Cambados, coñece ben estes animais e asegura que son mas agradecidos que os cachorros e máis fáciles de adestrar.

    O albergue de cans de Cambados, ten como meta reducir o abandono durante o 2008 e segundo a xerente do albergue, pódena acadar porque as novas xeracións están moito mais concienciadas con este problema social.

    Redacción Salnés