A zapatería SUPER 1 entrega a rifa premiada co coche

    sorteoviamare_100_080108.jpgRIBEIRA > A patronal ribeiresa celebrou esta pasada noite o sorteo de premios da súa campaña de Nadal.

    A campaña desenvolvida pola Asociación de Empresarios de Ribeira durante este Nadal en tódolos establecementos adheridos ó Centro Comercial Aberto Viamare chegou onte á súa fin co sorteo dos tres premios máis importantes. O primeiro deles, un coche marca Skoda, recaeu no número 276.462 que foi repartido na Zapatería Super 1. A Panadería ‘O Forno de Castiñeiras’ tamén foi a encargada de repartir sorte co número 210.180 premiado cun vale de compra de 300 euros mensual durante todo o ano. Por último, Bodegas La Parra, un ano máis, repite na lista de premiados, posto que repartiu o terceiro premio, co número 370.619, consistente nun vale de compra mensual de 200 euros tamén durante un ano.

    Balance negativo

    A pesar do atractivos que eran os premios o presidente da patronal ribeiresa non fixo un balance da campaña de todo positivo, xa que as vendas diminuiron considerablemente en relación a anos anteriores.

    Listaxe premios 

    A lista de premios pode ser consultada nas oficinas da patronal situadas no número 13 da rúa Rosalía de Castro. Os gañadores dispoñen dun prazo dun mes para reclamar os premios. De non ser así, pasarán ós números reserva que foron repartidos por Electrodomésticos Jesús Santiago e Manualidades ‘El Bosco’ no pirmeiro premio, Electrodomésticos Sampredo e Farmacia María Rodríguez no segundo e Zapatería Marlú e Xoguetes ‘Os Nenos’ no terceiro premio.

    {flowplayer}barbanza/sorteoviamare.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza