Misión cumprida: moral recuperada e billete para a Copa da Raíña

extrugasa250vid_140108.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa pasou por riba do Gran Canaria (82-64) a base de triples e rebotes. Gran actuación de Kiesha Brown, con 22 puntos e Sara Gómez, que aportou 16. Kress e Da Silva foron clave no traballo baixo aros.

Quen o ía dicir. O xoves faise un partido horrible ante o Gran Canaria na Eurocup, e dous días despois, ó mesmo rival, no mesmo escenario, dáselle un repaso.

As diferencias, moitas: seguíu funcionando a defensa, pero nesta ocasión Roneeka Hodges quedouse en 15 puntos, vinte menos que na última ocasión; funcionou o xogo interior e sobre todo o exterior, con boas actuacións de Sara Gómez, Leslie Ardon e Jo Hill; as bases estiveron espléndidas na dirección de xogo, tanto Brown coma Asurmendi; e ademais, fíxose unha primeira parte para enmarcar: 48-23, encontro sentenciado.

Tralo trámite dos últimos dous cuartos, 82-64 e o equipo que da unha mellor imaxe e crea esperanzas de cara a unha posible remontada no partido de volta desta semana da Eurocup. O mellor, que xa están clasificadas para a Copa da Raíña.

Non se pode dicir o mesmo do Inelga que caeu ante o Rhinos Xiria (49-65). Os vilagarciáns acusaron demasiado as baixas coas que acudían ó encontro e non estiveron acertados en ataque. Colleitan así a súa cuarta derrota consecutiva e quédanse atrapados na parte baixa da táboa.

Todo o contrario que o Establecimientos Otero que sacou adiante un complicadísimo encontro ante o Obradoiro Optiva Val ó que venceu por 86-81. Continúan segundos na xeral a dúas victorias do líder Pabellón.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_140108.flv{/flowplayer} 

Redacción Salnés