Un grupo de furtivos agrede á patroa maior e a un vixilante

    evangelinalago100_240108.jpgVILANOVA > Novo episodio violento nas praias de Vilanova. Aconteceu onte cando os vixilantes sorprenderon a varios furtivos ‘in fraganti’. …

    …  A patroa maior Evangelina Lago intentou mediar e acabou recibindo unha malleira de golpes que lle provocou unha escordadura cervical.

    mariscadoras200_240108.jpgOs agresores sonlles ben coñecidos, ‘Lola, a súa nora Sabrina, e os fillos doutra mariscadora Viki e Ramón, todos da familia dos Chumba’, lembra indignada Evangelina Lago. Hai un mes, un vixilante da Confraría recibía outra malleira dun destes furtivos e segundo a patroa maior, está sendo ameazado. Actualmente, o pósito conta con 5 efectivos, unha lancha e un coche para as labores de vixilancia. Tería que dar abasto pero os furtivos van por diante. ‘Contrólante máis a ti que nós ós furtivos’, afirma Evangelina Lago.

    Tanto na agrupación de mariscadoras como na propia casa da patroa maior hai medo a ‘algo máis gordo’. Evangelina pide calma e dille ós seus fillos que aguanten pero ‘¿que pasa se mañá aparece a lancha do meu fillo queimada?, eu só teño este recurso para vivir’. A patroa maior indicou que hoxe lle pediu ó Director Xeral de Recursos Mariños que medie para que estas persoas poidan conseguir o carné de marisqueo. Ó parecer fóronlles denegados polos múltiples problemas que teñen con Facenda.

    {flowplayer}images/salnes/evangelinalago.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés