O PXOM meco vai con atraso pero podería estar aprobado no 2009

    emgrobes_copia.jpgO GROVE > A asociación de comerciantes de O Grove, Emgrobes, comezou onte á noite unhas xornadas cos empresarios e veciños do concello …

    {flowplayer}images/salnes/vemgrobes.flv{/flowplayer}

    O GROVE > A asociación de comerciantes de O Grove, Emgrobes, comezou onte á noite unhas xornadas cos empresarios e veciños do concello para explicarlles a situación xurídica na que se atopa o PXOM. Na xuntanza de onte á noite, o abogado urbanista, e tamén director xeral da Fgamp, José Norberto Uzai, explicoulles ós asistentes os pormenores do plan. Un documento atrasado, e que segundo os xuristas, é viable que estea aprobado para o 2009.

    O atraso na elaboración do Plan Urbanístico do Grove, e a urxencia que este documento ten para o concello, levou a asociación de empresarios da vila meca, a organizar a xornada informativa á que acudiron máis dun cento de persoas. Entre elas, comerciantes e tamén veciños que escoitaron da man do xurista e director xeral da Fegamp, os pormenores nos que se atopa o proxecto.

    Explicarlles ós veciños e empresarios do Grove as formas e convenios urbanísticos que se poden dar, cómo estes lles poden afectar e como poden arranxalos foi o obxecto das xornadas que comezaron onte e que se repetirán cada mes. Pero o que tamén querían trasladarlles onte ós veciños, é a urxencia de que o PXOM se aprobe canto antes, para que o concello poida seguir crecendo.

    Sinalou onte Dolores Vázquez, presidenta de Emgrobes, que as súas principais alegacións ó documento, son que contemple a construción de aparcadoiros, a localización definitiva para o polígono industrial, ou a mellora da capacidade das estradas da vila. Con todo, e segundo os xuristas, o Grove terá que esperar polo menos ata o 2009 para o pxom sexa unha realidade.

    Redacción Salnés