Portonovo vs Arousa. Piscis vs Laxes.

laxespiscis_250108.jpgSALNÉS > Dous equipos, dous estilos de xogo. Portonovo e Arousa preparan xa o derby comarcal que os ha de enfrentar este domingo en Baltar. Ambos conxuntos acuden con moitas baixas ó encontro. Prevese un partido moi aberto.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_250108.flv{/flowplayer} Partido de alta voltaxe en Baltar. Dous equipos que precisan da victoria, un máis que o outro. O Portonovo quererá seguir forte na casa e sumar tres puntos que lle permitan afastarse aínda un pouquiño máis dos postos de descenso.

Algo máis relaxado acude o Arousa que tras sacar 17 dos últimos 27 puntos en xogo, camiña na zona media da táboa. Os vilagarciáns márcanse agora coma obxectivo sumar doce puntos canto antes que lle asegurarían a permanencia.

Ante todo este será un partido de ausencias. Por parte dos locais, que contaban con ter o plantel ó completo, serán baixa prácticamente segura Curiel e Baptiste. O dianteiro sufríu o mércores un pinchazo nun xemelgo e a falta de confirmación por parte do club do alcance da lesión, todo apunta a que non estará. Tan preocupante como esta baixa é a de Baptiste; o mediapunta francés sufríu unha escordadura de nocello no último adestramento e é máis que probable que tampouco estea. Dúas baixas notables para os portonoveses que perden así ás súas referencias en ataque.

Non acude mellor o Arousa que viaxará a Portonovo sen Damián e Fernando, xa que ambos foron expulsados a semana pasada en Lalín e cumprirán sanción. Ó mesmo caso é o de Pazos, que víu o quinto amarelo. Sí que estará Suso no lateral esquerdo, que hoxe voltaba ós adestramentos de cara a prepara-lo encontro.

Segundo ambos adestradores terá moito gañado o equipo que dispoña do control do balón e aquel que consiga adiantarse no marcador. Baltar agrada un gran partido. O domingo ás 16:30.

 

Redacción Salnés