Javi Seixo e Alex Rodríguez, novos xogadores do Portonovo

futbol250_310108_001.jpgSALNÉS > Remata o prazo de inscripción de novos xogadores. Entre os equipos do Salnés, o que máis se reforzou neste mercado invernal foi o Portonovo que pechou onte as incorporacións de Javi Seixo e Álex Rodríguez.

{flowplayer}images/salnes/futbol_310108.flv{/flowplayer} 

Os afeccionados do Portonovo non se poderán queixar. Tres xogadores novos viñeron a engrosa-las filas dun equipo que aposta por saír canto antes dos postos baixos da táboa. O primeiro en chegar, hai tres semanas foi Ibrahim Baptiste, o mediapunta hispano-francés xa deu mostras da súa caliudade ante o Rápido Bouzas. Agora chegan, no último día de prazo, Álex e Javi Seixo. Alex Rodríguez é outro mediapunta de moita calidade que xa militou no equipo portonovés o ano pasado pero que tivo que deixalo por motivos laborais. Javi Seixo ven a reforza-lo medio campo, un xogador experimentado en Terceira onde sempre xogou co Vilalonga. O Portonovo medra así en calidade e cantidade de xogadores, algo importante para facer rotacións.

Pola súa banda o Arousa disputou onte un partido amistoso ante o Flavia co obxeto de prepara-lo vindeiro compromiso ligueiro e tamén de probar ó futbolista brasileiro Vitor García. Non convenceu ós técnicos e non se quedará. Por outra parte, o equipo vilagarcián tampouco puido concretar as fichaxes dos irmáns Gonzalo e Oscar García que sonaban nas últimas semanas coma posibles reforzos.

Ó Vilalonga tan so se incorporou un novo xogador este mes; trátase de Fernando, que chegou hai unhas semanas procedente do Pontevedra B. Xoga no medio campo e daralle moita máis profundidade de banquiño a un equipo tan maltrtaado este ano polas lesións como o de Josiño Abalde.

Por último, no Céltiga finalmente non houbo relevo de adestrador e Manuel Núñez continuará canda menos unha semana máis. Si que reforzou o plantel coas fichaxes de Fran Matos e Gelo, que xa se está a facer un sitio no lateral dereito do equipo. Non se puido sen embargo pecha-la pretendida fichaxe dun dianteiro.

Redacción Salnés