Os afectados da PO-531 manteñen a manifestación do 9 de febreiro

    po531_100_310108.jpgPONTEVEDRA > Segue en pé, de momento, a manifestación do 9 de febreiro contra a ampliación da PO-531. Parte dos afectados …

    {flowplayer}images/salnes/po_531.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Segue en pé, de momento, a manifestación do 9 de febreiro contra a ampliación da PO-531. Parte dos afectados xa tiveron oportunidade de exporlle as súas preocupacións á delegada de Política Territorial en Pontevedra, caso dos veciños da Devesa e de Curro. Mañá tócalle ós de Sabarís e Campañó. 

    A delegada de Política Territorial, María Isabel Domínguez, iniciou onte á noite unha rolda de entrevistas cos afectados pola ampliación da PO-531. Os primeiros foron os veciños da parroquia pontevedresa da Devesa que non saíron moi contentos desta xuntanza. Os veciños da Devesa, ó igual que o resto de zonas afectadas, reclaman que se bote abaixo o proxecto que está a exposición pública e se faga outro novo. Non queren, de ningunha maneira, que se constrúa unha medianeira porque deste xeito deixaría de ter acceso directo á estrada. Piden un proxecto máis humanizado. Ó parecer, a delegada indicoulles que ela tamén considera absurdo este proxecto. Segundo indicaron, a delegada pediulles que presentasen un proxecto alternativo. Neste punto, os veciños botan en falta o apoio do Concello de Pontevedra.

    Onte tamén falaron coa delegada os veciños de Curro. Segundo indicou a Tele Salnés Barbanza Manuel Corredoira, presidente da plataforma contra o proxecto da PO-531, con eles foi máis dialogante. María Isabel Domínguez indicoulles que en 15 días se achegará ás zonas afectadas para comprobar cos veciños as súas preocupacións. Ademais comprometeuse a xestionarlles unha entrevista co Director Xeral de Obras Públicas. Á delegada aínda lle quedan dúas reunións máis. Mañá a partir das cinco pasarán, primeiro os veciños de Sabarís, e despois os de Campañó. De momento, a plataforma mantén a convocatoria dunha manifestación para o vindeiro 9 de febreiro.

    Redacción Salnés