Canal Rías Baixas

Equipo e afección uníronse para derrotar ó Electra

VILAGARCÍA > O Extrugasa acadou unha importante victoria ante o Electra Ramat Hasharon (60-54). Este triunfo permite ás vilagarciáns viaxar a Israel con seis puntos de vantaxe para tentar acadar o seu pase ós cuartos de final da Eurocup.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_010208.flv{/flowplayer} 

O Extrugasa fixo a chamada e Vilagarcía respondeu. Ambientazo en Fontecarmoa como nos se recordaba dende hai tempo. O público levou en volandas a un equipo que se entregou durante os corenta minutos. Para que se fagan unha idea a afección estivo un cuarto de hora ovacionando ó equipo tralo bocinazo final.

Imos o partido. Comezaron algo nerviosas, precipitadas en ataque, pero tardaron en sacudirse ese nerviosismo oito minutos, cando a ritmo de contraataque fixeron un parcial de 10-0 e fóronse sete arriba ó primeiro cuarto(18-11). O traballo de Kiesha na dirección e sobre todo de Agne e Marina no poste baixo foi determinante ante unhas israelís que nunca se sentiron cómodas na cancha. Das súas tres estrelas, tan so Vilipic estivo nos seus números habituais e rematou con 17 puntos.

Así as cousas, tras un intercambio de canastas no que se converteu o segundo cuarto, cinco arriba para as de Isaac Fernández ó descanso (37-32).

Tralo parón, tiveron a eliminatoria na man pero non souberon rematala; ese foi o único ‘pero’ do equipo. De non ter unha nefasta porcentaxe en triples e se Marina Kress non se enchese de faltas a pouco de comezar a segunda metade, a victoria podería ter sido por unha marxe maior. Estiveron rondando sempre a barreira dos dez puntos de diferencia pero ó final o Electra tirou de expericiencia e deixouna en seis, 60 – 54.

Para a volta, saben que as israelis sácanlle sempre moito partido ó factor cancha. Pese a todo, non hai medo por parte das vilagarciáns e tratarán de viaxar esquencendo a mínima vantaxe que levan.

Despois disto, agora terán un importante enconto de liga ante o Arranz Jopisa Burgos. Se o nivel de intensidade, actitude e a afección están coma onte, é dicir, de dez, gáñase seguro. Será o sábado a partires das 19:30 en Fontecarmoa.

Redacción Salnés

Exit mobile version