Veciños de Vilaxoán concéntranse contra unha actuación municipal

    vilaxoan100_010208.jpgVILAGARCÍA > ‘Isto é noso e o Concello non nos roubará’, este é o berro co que varios veciños de Vilaxoán se botaron á rúa esta tarde.

    {flowplayer}images/salnes/vilaxoan.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > ‘Isto é noso e o Concello non nos roubará’, este é o berro co que varios veciños de Vilaxoán se botaron á rúa esta tarde. Estas corenta familias, que residen no número nove da rúa Almirante Fontán, quixeron denunciar, con carteis e pancartas, que o Concello de Vilagarcía pretende construír unha estrada de dez metros de ancho neste entorno da mazá ata Satarches.

    O problema neste caso, é que o vial no que o goberno municipal pretende actuar, é privado, propiedade dos habitantes deste antigo edificio tal e como testemuñan as súas escrituras. Segundo declaran, o Concello pretende quitarlles a estrada e os xardíns que eles posúen e manteñen, para facilitarlle o acceso a outro edificio que están rematando de construír, e que se verá complementado nunha próxima segunda fase.

    Os ánimos dos veciños están alterados posto que, logo de varias reunións con representantes municipais, non conseguiron ningunha solución razoable. Ademais estes vilagarciáns denuncian tamén o paradoxo que se dá neste caso: durante case 35 anos levan pedindo ó Concello que adecente este entorno que linda cas súas vivendas, onde se acumula lixo, material de refugallo e mesmo animais como ratas.

    Cada vez que foron a denunciar esta situación de insalubridade neste punto, o Concello respondía que non podía actuar nesta zona porque non era de propiedade municipal, e agora, tras varios anos, o Concello asegura que estes terreos si que son da súa propiedade. Estes veciños anuncian que van a seguir defendendo o seu como sexa, e que incluso non van a deixar circular a ninguén alleo, nin sequera para dar servicio ás obras de construcción veciñas.

    Redacción Salnés