O árbitro, protagonista inesperado do derbi

futbol250_040208_001.jpgSALNÉS > A xornada futbolística da fin de semana deixounos un empate no derbi comarcal entre Vilalonga e Céltiga, nun encontro marcado pola polémica e os erros arbitrais. Ademais, o Arousa caeu na casa ante o líder mentres que o Portonovo sumou un punto en Lalín.

{flowplayer}images/salnes/futbol_040208.flv{/flowplayer} 

O derbi entre Vilalonga e Céltiga non pasará á historia polo seu futbol pero sí pola mala actuación do árbitro Jiménez Alberte. O colexiado errou constantemente, sinalou dous penaltis inexistentes a favor do Vilalonga e desesperou ó graderío no que se produciron disputas entre siareiros locais e visitantes.

Se deixamos a un lado ó árbitro, quédanos un partido de loita sobre un céspede que non estaba nas mellores condicións. O Céltiga adiantouse ós 12’ grazas a un tanto de Cholo tras unha boa xogada de Nieto.

O entramado defensivo de Manuel Núñez maniatou ós celestes que non crearon apenas ocasións na primeira metade. Trala reanudación, houbo cambio de actitude nos locais, que no querían caer por primeira vez na súa casa este ano.

Ahí apareceu o colexiado, botoulles unha man e sinalou dous penaltis que tan so él víu para que no 61’ e no 85’ Comesaña puxera en vantaxe ó Vilalonga. Co escándalo servido nas bancadas e cando todo indicaba a que os tres puntos quedarían en San Pedro, Vicente facía o empate tras un saque de esquina. R

eparto de puntos por tanto que alonxa ó Vilalonga do playoff e mete ó Celtiga en descenso. Do descenso se alonxa un pouquiño o Portonovo tras empatar onte nun dos campos máis complicados da categoría, o Manuel Anxo Cortizo de Lalín. Empate sen goles grazas á solidez defensiva amosada polos de Piscis e á gran actuación do gardameta Marcos, que acabou expulsado a pouco do final tras unha disputa co dianteiro local Matelo. Será unha importante baixa para o vindeiro encontro.

O sábado na Lomba o Arousa non puido da-la sorpresa ante o líder co que caeu por 1-2. Foron superiores os de Laxes pero sucumbiron ante a pegada do Narón. Gabi adiantou ós vilagarciáns pero Rubén Pardo por dúas veces e antes do descanso remontou para os visitantes.

En Rexional o Unión do Grove sae dos postos de perigo tras gañar ó Moaña por 1-0, nun partido no que tamén o árbitro foi o protagonsta expulsando a dous xogadores locais e sinalando un penalti no derradeiro minuto que o Moaña desperdiciou.

Por outra banda o Ribadumia alónxase do ascenso despois de perder ante o Estradense por 2-1. Os de Ricardo foron quen de adiantrase grazas a un gol de Rubén no 5’ pero como xa sucedera hai dúas semanas ante o Cultural Areas deixáronse remontar para acabar cedendo os tres puntos.

Redacción Salnés