BOIRO > Concello e comerciantes retomarán as negociacións para decicir o horario e os lugares das zonas de carga e descarga nas rúas peonís.
Deste xeito, o executivo boirés quere poñer fin a polémica xurdida hai uns días, cando o concelleiro de tráfico, Xerardo Piñeiro, deu plantón os donos destes establecementos ao marchar antes do inicio dunha xuntanza prevista para o pasado venres.
Ampliación horarios
Entre as demandas dos propietarios de establecementos comerciais situados nas rúas peonís de Boiro figuran a de ampliar os horarios de carga e descarga de mercadorías, xa que consideran que as catro horas actuais, -de sete a dez da mañá-, resultan insuficientes. Ademáis cren que se deberían habilitar máis zonas para os vehículos de reparto.
Xerardo Piñeiro non quere seguir coa polémida xurdida hai uns días e mostrouse receptivo a hora de voltar falar cos comerciantes. O edil de tráfico sinalou que escoitará as súas propostas e adiantou que o concello xa está a estudar varias posibilidades co fin de facilitar as labores de carga e descarga aos empresarios ao tempo que se respeta os viandantes e a característica semipeonil destes viais. Para isto se delimitarán máis zonas de descarga nas rúas perpendiculares e nas paralelas aos viais peonis.
Malentendido
O concelleiro de tráfico cre que a situación acontecida o pasado vernes non debe ir máis alá dun simple maltendido e cualificou de esaxerada a petición de dimisión solicitada pola agrupación local do partido popular, que xustifican asegurando que Piñeiro non ten espírito de servizo cos cidadáns de Boiro.
{flowplayer}barbanza/cargaedescarga.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza