O informe de Medio Ambiente dará o pulo definitivo á variante interior

lagevariante_100_070208.jpgNOIA > Trala manifestación de onte en Santiago, o PSdeG destaca o positivo da variante interior que contribuirá a resolver os problemas de tráfico do concello.

Segundo informou o deputado socialista, Xosé Manuel Lage, a Xunta de Galicia está pendente do útlimo trámite na Consellería de Medio Ambiente para darlle o pulo definitivo ó proxecto da variante de Noia.

Fronte as numerosas críticas suscitadas por este proxecto, o PSdeG defende a idoneidade do trazado polo interior en contraposición ó viaduto sobre a ría proposto polo Partido Popular, que tería un grave impacto medioambiental pero tamén económico, dada a riqueza marisqueira da zona.

Respecto ós afectados

Aínda así, e trala manifestación convocada onte en Santiago polos afectados, o deputado socialista quixo amosar o seu profundo respecto ó colectivo cidadán que discrepa do proxecto autonómico.

Sen embargo, o parlamentario socialista non entende as críticas formuladas dende o PP posto que en 16 anos de goberno non foron quen de dotar a Noia dunha variante de poboación para resolver os problemas de tráfico. Infraestrutura, que agora sí está a piques de ser unha realidade grazas ó goberno presidido polos socialistas.

E non só a variante, senón que Lage Tuñas lembrou outras infraestruturas desenvolvidas na comarca nos últimos dous anos que van mellorar substancialmente as comunicacións internas e co exterior como o corredor Brión – Noia ou a autovía Brión — Santiago.

{flowplayer}barbanza/lagevariante.flv{/flowplayer}

Redacción Barbanza