O Céltiga afronta o domingo a súa primeira final do ano

futbol250_080208_001.jpgSALNÉS > Vilalonga e Lalín xogaranse en San Pedro boa parte das súas opcións de ascenso, mentres que na Illa, Céltiga e Betanzos loitarán por escapar dos postos de perigo.

{flowplayer}images/salnes/futbol_080208.flv{/flowplayer} 

Partido de urxencias o que se vivirá no Salvador Otero. Céltiga e Betanzos ocupan o terceiro e cuarto posto pola cola, só separados por un punto, polo que precisan da victoria para saír do pozo. Mellor chegan os coruñeses, que tras reforzarse no mercado invernal veñen de acadar dúas victorias consecutivas ante rivais tan complicados coma Alondras e Montañeros.

No apartado de baixas Manuel Néñez non poderá contar con Beni e Camiño, sancionados, mentres que no cadro visitante non estarán Ángel e Miguel. O encontro, o domingo ás 16:30.

 O que máis complicado o terá esta fin de semana para sumar tres puntos será o Portonovo, que visita Río Seco, o campo do líder Narón mañá ás 17:30. Os locais presumen do mellor tridente da categoría, con Rubén Pardo, Juanito e Cuéllar; entre os tres levan 36 goles este ano. Os portonoveses pola súa banda, acudirán ó encontro coas notables baixas de Curiel e Baptiste, que aínda non están recuperados das súas molestias, mentres que o porteiro Marcos cumplirá sanción.

O Arousa pola súa banda visita o García Calvo para enfrontarse o domingo ás 16:30 ó Negreira. Laxes non poderá contar para este partido con Nelo e Alberto, que cumplirán ciclo de tarxetas, polo que terá complicado confeccionar un equipo de garantías que lle serva para romper coa xeira de catro partidos sen gañar que acumula a día de hoxe.

Por último, o Vilalonga recibe nun dos partidos máis interesantes da xornada ó Lalín. Pode ser unha das derradeiras oportunidades para que os de Josiño se enganchen ó grupo de arriba que pugna por meterse no playoff. Nada fácil o terá ante un rival que só perdeu dous partidos esta temporada e que camiña quinto na táboa. Será o domingo ás 16:30 en San Pedro.

Nunha situación similar está o Ribadumia en Preferente Autonómica que xógase ante o Choco ás súas opcións de ascenso, o domingo na Senra ás 16:30. Á mesma hora o Unión do Grove visitará o campo do sexto clasificado, o Barbadás.

Redacción Salnés