Cabo de Cruz conta coa primeira biblioteca dedicada exclusivamente ó mar

    bibliotecamar_100_110208.jpgBOIRO > A Conselleira de Pesca, Carmen Gallego, inaugurou a nova biblioteca do mar na asociación de mexilloeiros ‘A Boirense’ en Cabo de Cruz.

    Os veciños de Cabo de Cruz, e de todo o concello de Boiro, poderán coñecer máis de preto as súas raíces a través da biblioteca do mar que acaba se ser inaugurada no local da asociaicón de mexilloeiros ‘A Boirense’. A través dun percorrido polos numerosos fondos que acolle a nova sala, voltan á memoria as costumes e tradicións de que se compón a nosa cultura mariñeira, da que bebe o actual sector da pesca en Galicia.

    O proxecto para a creación do novo centro bibliográfica partiu dos propios socios da Boirense que pretenden conquerir unhas mellores condicións de traballo dos profesionais do mar, utilizando como chave o coñecemento.

    Difusión da cultura mariñeira

    Pero ademais de boas ideas e boa vontade era necesaria unha axuda económica para facer realidade o proxecto. E foi a Consellería de Pesca a encargada de financia-la aquisición dos fondos para a bilbioteca. A propia Conselleira, Carmen Gallego, presidiu o acto de inauguración. Alí aproveitou para lembrar o intenso traballo que se realiza dende o departamento autonómico, non só en prol das melloras socioeconómicoas para os moitos sectores do mar, senón tamén na difusión da cultura mariñeira que define o país.

    Rede pública de calidade

    Tamén o alcalde de Boiro, Xosé Deira, aproveitou o acto inaugural para felicitar á asociaicón de bateeiros de Cabo de Cruz pola súa iniciativa. A nova biblioteca do mar ven completar a rede pública existente no concello de Boiro, da que forman parte a biblioteca xeral da casa da cultura, a biblioteca universitaria do centro social, a biblioteca do centro social de escarabote, e o centro bibliográfico especializado de Neixón.

    {flowplayer}barbanza/bibliotecamar.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza