Monteporreiro intensifica as protestas contra o realoxo dos xitanos do Vao

    monteporreiro100_180208.jpgPONTEVEDRA > Os veciños do barrio de Monteporreiro seguen en activo na súa loita contra os realoxos das familias xitanas de o Vao.

    {flowplayer}images/salnes/monteporreiro.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Os veciños do barrio de Monteporreiro seguen en activo na súa loita contra os realoxos das familias procedentes dos poboados chabolistas de O Vao. Esta semana van intensificar as súas mobilizacións, que comezaron coa concentración que tivo lugar este medio día na rúa Alemania. Unhas actuacións coas que pretenden obter unha resposta das administracións implicadas no conflito, que supoña unha alternativa ó realoxo no seu barrio.

    A falta de respostas por parte da Xunta de Galicia e do concello de Poio ós escritos entregados pola asociación de veciños de Monte Porreiro a pasada semana, levounos á decisión de intensificar as súas mobilizacións a partires deste luns. Comezaron pola mañá cunha concentración na rúa Alemania á unha do medio día que reuniu a uns catrocentos veciños do barrio pontevedrés. Tódolos establecementos da zona colgaron o cartel de pechado e mesmo os rapaces saíron unha hora antes do colexio, a pesar de que nalgúns centros coma o Luís Seoane os advertiron de lle ían a poñer unha falta de asistencia.

    Pero as actuacións dos veciños de Monteporreiro contra o realoxo das tres familias procedentes de O Vao, non se limita tan só ás concentracións. Ademais, tamén lle van solicitar á fiscalía que anule o convenio entre o concello de poio e a consellería de vivenda polo cal se levaron a cabo os realoxos. Ás concentracións que diariamente levan facendo dende as oito ás nove do serán, úneselle agora a que van organizar para este mércores ás doce do medio día diante do concello de Poio, así como a asistencia ós vindeiros plenos das corporacións municipais deste concello e do de Pontevedra. Ademais, tamén estudan a posibilidade de levar a cabo unha manifestación na cidade.

    Redacción Salnés