Traballo investiu dous millóns de euros na promoción do emprego en Boiro

    visitadeben_100_190208.jpgBOIRO > A delegada de Traballo, María Debén, visitou o concello de Boiro onde o seu departamento investiu preto de dous millóns de euros durante o pasado ano.

    {flowplayer}barbanza/visitadeben.flv{/flowplayer}

    A responsable autonómica estivo acompañada polo director provincial do INEM, Ángel Teijeiro, que se desprazou ata Boiro para coñecer as novas instalacións do servizo público de emprego. 

    A intensa colaboración establecida entre a Consellería de Traballo e o concello de Boiro comeza a da-los seus froitos coa creación de novos postos de traballo. Segundo informou a delegada provincial, María Debén, ó longo de 2007 o departamento autonómico achegou axudas por valor de 1.189.000 euros ó concello barbanzán. A maior partida foi destinada ó obradoiro de emprego aínda que tamén se investiu unha importante contía na posta en marcha de programaas de cooperación e na contratación dun axente de desenvolvemento local.

    Dobre obxectivo

    Precisamente, a delegada de Traballo quixo aproveitar a súa visita para coñecer máis de preto a labor que desempeñan os alumnos do obradoiro e achegouse ata os muíños de Ponte Goiáns que están a ser rehabilitados. Ademais da recuperación do patrimonio, o obradoiro facilita a formación e inserción laboral dos colectivos con maiores dificultades para acceder a un emprego.

    En vista do éxito que está a supoñer este obradoiro o concello de Boiro xa ten solicitado outro programa similar na Consellería de Traballo. O alcalde boirés, Xosé deira, aproveitou a presenza da delegada para solicitar o apoio do seu departamento neste novo proxecto.

    Máis persoal

    Maria Debén acolleu de bo grao as peticións dos responsables locais e comprometeuse a estudar en profundidade as súas reivindicacións. Anunciou ademais a inminente incorporación de dous novos traballadores na oficina de emprego de Boiro, que pasarán a desempeñar as súas funcións nas novas instalacións inauguradas hai un mes na Avenida da Constitución.

    Redacción Barbanza