A ABE solicita un pleno extraordinario para inicia-la revisión do PXOM

    abepxom_100_200208.jpgBOIRO > A ABE organizou un encontro informativo cos seus socios para informar da situación urbanística que vive Boiro trala anulación do PXOM.

    {flowplayer}barbanza/abepxom.flv{/flowplayer}

    A xuntanza serviu para transimitir unha mensaxe tranquilizadora ós empresarios boireses afectados pola suspensión do PXOM, especialmente ó sector da construción. Os dous expertos que participaron na reunión, o asesor xurídico Germán Sarmiento e o arquitecto Roberto Chao, coincidiron en sinalar que se ben a anulación do plan urbanístico supón un problema, este ten solución.

    Erros

    A directiva da ABE aposta por comezar a traballar, tanto dende a patronal como do propio concello, en colaboración coa Xunta de Galicia para corrixi-los erros que presenta o actual PXOM en lugar de inicia-la tramitación dun novo planeamento. Para elo, acordaron solicitar un pleno extraordinario na busca do consenso entre tódolos grupos políticos que conforman a corporación.

    O presidente da ABE lamenta que os erros cometidos na tramitación do PXOM e a deixadez por parte do concello e da propia Xunta de Galicia levase a Boiro a esta situación de incertidume. Pola contra, está satisfeito coa labor realizada dende a patronal que aínda que no seu momento apoiou a aprobación do plan sempre advertiu dos defectos que presentaba e mesmo chegou a presentar alegacións solicitando reiteradamente a súa revisión.

    Revisión do plan

    Agora, haberá que agardar a coñecer se o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admite ou non a trámite o recurso presentado polo executivo local. En caso afirmativo, o concello contará cunha ampla marxe de tempo para realiza-las modificacións que permitan a adaptación do PXOM á legalidade.

    Mentres tanto, o colectivo empresarial agarda que a situación urbanística de Boiro se manteña dentro da normalidade e que a suspensión cautelar non afecte negativamente ó crecemento socioeconómico do municipio.

    Redacción Barbanza