Preparado o Clinic Galego – Balear da Clase Optimist

vela250_200208.jpgVILAGARCÍA > Rapaces do Liceo Casino de Vilagarcía e do Club Marítimo de Alcudia participarán xunto cos seus pais nunhas xornadas que misturarán o deporte da vela co turismo.

{flowplayer}images/salnes/vela_200208.flv{/flowplayer} 

Todo listo para que mañá de comezo o Clinic Galego-Balear de clase Optimist. Charlas, turismo e regatas que contarán con máis de corenta barcos tripulados por rapaces.

A cita contará coa presencia de destacados regatistas de ambas comunidades, moitos deles con experiencia en citas olímpicas e competicións transoceánicas, que impartirán charlas durante o clinic. Entre os máis destacados, o campión do mundo en clase Tornado, Antón Paz. Hoxe na presentación estiveron presentse o Presidente do Liceo Casino de Vilagarcía, Alvaro Paz, xunto coa concelleira de turismo Rosa Abuín e o adestrador do Alcudia, José Ramón Blanco. Todos coincidiron na importancia que para Vilagarcía ten a celebración dun evento destas características.

Este é un encontro que vai máis alá do deportivo. Trátase de que os rapaces se divirtan practicando a vela e aprendendo dos consellos dos máis grandes, e ademais de que os pais dos nenos invitados do Club Maritim de Alcudia coñezan esta zona de Galicia, o Salnés, as súas paisaxes e a súa gastronomía. Para elo téñense previtas varias cenas, rutas turísticas pola comarca e visitas guiadas ós Pazos da Zona.

O clinic dará comezo mañá, cunha recepción ós participantes no Concello ás seis e media da tarde e unha charla posterior no Club do mar por parte dos dous presidentes e polos adestradores de Liceo e Alcudia. As actividades prolongaranse ata o vindeiro domingo día 24.

Redacción Salnés