O pleno de Rianxo solidarízase con Xosé Ramos, propietario do taller que vai ser derrubado

    declaracioninstitucionalrianxo_100_260208.jpgRIANXO > A corporación rianxeira celebrou un pleno extraordinario no que se aprobou unha declaración institucional en favor do taller de pedra Ramos.

    {flowplayer}barbanza/declaracioninstitucionalrianxo.flv{/flowplayer}

    A declaración asinada polos portavoces dos tres grupos con representación municipal: PSOE, BNG e PP, e que foi lida polo propio alcalde, Pedro Piñeiro, recolle o malestar provocado pola sentenza xudicial que vén a anula-la licenza concedida no ano 2002 a Xosé Ramos para a construción dunha nave para aserradeiro de pedra e que ordea o peche e a demolición da instalación

    A pesar de que acatan a decisión do alto tribunal amosaron a súa solidariedade cos principais afectados, neste caso o propietario da empresa e os traballadores, así como as súas familias. Na declaración tamén se recolle o apoio da corporación á manifestación convocada para o vindeiro domingo día 2 de febreiro.

    Desmentido

    O voceiro do PP quixo tamén saír ó paso dos rumores que circulan polo municipio e que culpan a esta formación política de ser a culpable da denuncia presentada contra o empresario. Xosé Ramón Vázquez desmentiu este feito, asegurando que o seu grupo sempre está a favor da creación de emprego no municipio.

    Anteriormente a corporación rianxeira celebrou outra sesión plenaria na que se aprobou cos votos a favor do PSOE e do BNG unha modificación puntual das normas subsidiarias, para a inclusión como dotacional público das casas natais de Rafael Dieste, Castelao e Manuel Antonio. Durante a sesión tamén se dou conta da renuncia de Xosé Fernández García coma edil do Partido Popular.

    Redacción Barbanza