O PP promete un centro social e a estrada ó Xufre no mitin da Illa

    mitinppailla100_060308.jpgA ILLA > De gañar as eleccións, o PP promete construír un centro social para os maiores e a estrada de acceso ó Xufre.

    {flowplayer}images/salnes/mitinppailla.flv{/flowplayer}

    A ILLA > O PP achegouse onte á Illa de Arousa a pedir o voto ‘para un veciño, Mariano Rajoy’. Así o dixo Ana Pastor, candidata ó Congreso, e o secundou José Manuel Cores Tourís, aspirante de novo a ocupar un escano no Senado.

    Para o rexedor cambadés se Rajoy é presidente tocaríalle a lotería ó Salnés. E de gañar as eleccións este domingo, os populares prometen ser solidarios coa Illa de Arousa como aseguran que foron sempre. Cores Tourís prometeu un centro social para os maiores e Ana Pastor o acceso ó porto do Xufre.

    Tamén se escoitaron críticas a un goberno socialista, por traballar só para os concellos da súa cor política, por descoidar a sanidade, e por propiciar unha crise económica. Para os populares o balance desta lexislatura está claro: ‘vivíase mellor co PP que con Zapatero’.

    Redacción Salnés