Los Suaves e Siniestro Total encabezan o cartel das festas de San Marcos

concertosanmarcos_100_170308.jpgNOIA > O concello de Noia ultima os preparativos das festas de San Marcos, que se celebrarán no municipio a finais do vindeiro mes de abril.

{flowplayer}barbanza/concertosanmarcos.flv{/flowplayer}

Na edición deste ano, a concellería de festexos incluirá na programación un concerto de rock no que se darán cita destacados grupos do panorama galego. Deste xeito, o concello de Noia segue a apostar polas actuacións musicais como prato forte nas principais celebracións do municipio, iniciativa que se puxo en marcha o pasado ano nas festas de San Bartolomeu.

Referente musical na comarca

A concellería de festexos de Noia quere converter ao concello de Noia no referente comarcal no tocante a actuacións musicais. Co fin de cumprir este ambicioso obxectivo o pasado ano nas festas estivais de San Bartolomeu púxose en marcha a primeira edición do festival Pop en Noia que contou cas actuación destacadas de Rosendo e o grupo Fangoria.

Agora, tócalle a quenda ao rock. A cita será nas festas de San Marcos, que se celebran no municipio a última semana do mes de abril. En cartel estarán bandas galegas tan coñecidas como Siniestro total ou Los Suaves. O patio do instituto de San Alberto albergará estas actuacións musicais que se celebrarán o día 25 de abril a partir das nove da noite.

Venda de entradas

As entradas para o concerto poñeranse a venda a partir da vindeira semana ao prezo de dez euros. O día da actuación poderanse mercar en taquilla por quince euros.

Deste xeito, a música convertirase noutro dos eixes centrais da festa de San Marcos, coñecidas en toda a comarca pola feira cabalar e as corridas de touros. No tocante ao espectáculo taurino, o edil de festexos sinalou que non teñen a intención de prohibir a súa celebración o que si aseverou e que dende o concello non se financiará con cartos públicos ningún evento destas características.

Redacción Barbanza