A ‘operación carballo’ chega a Ribeira da man da Obra Social Caixa Galicia

    operacioncarballo_100_250308.jpgRIBEIRA > O concello de Ribeira asinou un convenio coa Obra Social de Caixa Galicia para a plantación de especies autóctonas no parque de San Roque.

    {flowplayer}barbanza/operacioncarballo.flv{/flowplayer}

    Preto de 350 alumnos de nove centros escolares de Ribeira participaron na plantación de carballos organizada con motivo do Día da Árbore.

    Dando exemplo

    A iniciativa é froito da colaboración entre o concello de Ribeira e a Obra Social de Caixa Galicia. Así, tando o rexedor local como o director da fundación quixeron dar exemplo uníndose ós escolares na plantación das árbores.

    A ‘operación carballo’ púxose en marcha a raíz dos incendios do verán de 2006 que devastaron a maior parte da superficie forestal de Galicia. Dende aquela, Caixa Galicia iniciou un proxecto coa colaboración de milleiros de voluntarios que agora culmina coa plantación das especies recuperadas.

    Dez mil árbores

    No parque de San Roque está prevista a prantación de mil carballos nos próximos días que se virán sumar a outras actuacións promovidas nas principais cidades de Galicia que terán como consecuencia un total de 10 mil novas árbores na comunidade.

    O convenio establece que ademais da plantación das árbores, Caixa Galicia aportará recursos económicos para o mantemento e coidado deste bosque nun futuro.

    Redacción Barbanza