Francisco Mareque integrará o grupo municipal socialista xunto a Toño Nóvoa

    franciscomareque_100_310308.jpgRIBEIRA > Francisco Mareque León será o novo concelleiro do PSOE trala renuncia do seu compañeiro, Gerónimo Domínguez, por motivos profesionais.

    {flowplayer}barbanza/franciscomareque.flv{/flowplayer}

    A pesar da súa xuventude, xa que suma tan só 31 anos, a súa ampla experiencia académica e profesional avalan a capacidade de Francisco Mareque para desenvolver a súa labor dentro da corporación municipal de Ribeira.

    Amplo currículo

    Este ribeirés de adopción, posto que naceu en Santiago, aínda que leva media vida residindo en Castiñeiras, traballa actualmente como psicólogo nun institiuto de secundaria da localidade. É licenciado en Psicopedagoxía, Ciencias da Educación e Teoloxía, conta con tres másters no ámbito educativo e na actualidade está a piques de finalizar o doctorado como especialista en políticas municipais.

    Afronta a súa nova etapa como edil con moita ilusión e co obxectivo claro de recupera-lo carácter de Ribeira como capital do Barbanza coa mellora de servizos para os cidadáns.

    Son moitos os problemas que preocupan ó novo concelleiro socialista; entre eles, o urbanismo, o saneamento integral do concello con especial atención ás parroquias ou a mellora de servizos e infraestruturas portuarias.

    Responsabilidade política

    Francisco Mareque considera a renuncia dos seus antecesores na lista a ocupa-la concellería, como un acto de responsabilidade política e agradece a confianza depositada nel tanto polos votantes como polos seus compañeiros de partido.

    Redacción Barbanza