O PP promete unha política máis cercana no Congreso e Senado

    pp100_310308.jpgPONTEVEDRA > Os novos deputados e senadores do PP pola provincia de Pontevedra prometen traballo e un contacto permanente co cidadáns.

    {flowplayer}images/salnes/PP_310308.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Os deputados e senadores do PP por Pontevedra afirman que nesta lexislatura farán unha política máis cercana ós cidadáns. Indican que traballarán arreo en permanente contacto non só coa sede provincial senón tamén cos alcaldes e coa cidadanía en xeral. Para eles, lembran, teñen a disposición a web do partido.

    Rafael Louzán reuniuse este sábado cos novos deputados e senadores. Ademais de Ana Pastor tamén estiveron Javier Guerra, Nava Castro, José Manuel Cores Tourís e Dolores Pan. Só faltou a viguesa Corina Porro. Na axenda destes políticos figura en primeiro lugar o Plan Galicia, ademais do emprego e do benestar social. Os populares tamén incluirán nesta axenda de traballo asuntos máis locais, como por exemplo os pasos a nivel de Valga.

    Redacción Salnés