A rápida intervención dos bombeiros evita unha traxedia en Mirás

incendiooutes_100_020408.jpgOUTES > Un incendio rexistrado no lugar de Mirás, en Outes, nun galpón que almacenaba palla, a piques estivo de converterse nunha traxedia.

{flowplayer}barbanza/incendiooutes.flv{/flowplayer}

Arredor das catro e medio da tarde a central de emerxencias do 112 recibía o aviso dun incendio nun galpón situado no lugar de Mirás, en Outes. Inmediatamente desprazáronse ata o lugar efectivos de Protección Civil do concello outiense que realizaron unha primeira intervención, ata a chegada dos equipos de bombeiros de Ribeira, Boiro e Noia.

O gran despregamento de medios debeuse á proximidade da vivenda ó foco do incendio así como a existencia de bidóns de gasolina no almacén de palla onde se orixinou o lume. A rápida intervención dos equipos de emerxencia evitou que o susto se convertera nunha traxedia.

Colaboración veciñal

Ata o lugar desprazáronse tamén efectivos da Garda Civil e da Policía Local de Outes así como numerosos veciños que colaboraron nos primeiros momentos na extinción das lapas.

Redacción Barbanza