Os profesores do Salnés aprenden a navegar

vela250_020408.jpgVILAGARCÍA > Durante esta semana estase a organizar un curso de vela no peirao de Vilagarcía. Os alumnos son algo especiais, todos eles son profesores da asociación Candea. Onte na xornada inaugural recibiron a visita do regatista Antón Paz.

{flowplayer}images/salnes/vela_020408.flv{/flowplayer} 

Cada ano os profesores da Asociación Candea de ensinantes do Salnés organizan por estas datas actividades que se escapan completamente da súa labor diaria. O ano pasado foi un curso de fotografía dixital, neste quixéronse lanzar ó mar para aprender a navegar.

Desta volta ceden o seu papel de profesores ós monitores do Liceo Casino de Vilagarcía para que lles boten unha man sobre todo nestas primeiras clases. Xa no primeiro día lanzáronse ó mar para ir captando as primeiras sensación a bordo dun barco.

Pero antes houbo unha breve e concisa clase teórica. Un dos convidados a esta primeira xornada foi o bicampìón do mundo en clase tornado Antón Paz, que falou cos alumnos e solventoulles tódalas preguntas que lle lanzaron. O vilagarcián está a preparar xunto a súa parella Fernando Echavarri a súa participación nos Xogos Olímpicos deste verán.

O curso extenderase ata o vindeiro venres e no día de hoxe o propio Antón Paz estará cos alumnos para axudarlles na medida do posible. Unha boa actividade, por sorte para eles acompáñalles o tempo para comezar a meterse na dinámica estival.

Redacción Salnés