Caride anuncia que a variante de Outes entrará en servizo en dous anos e medio

primeirapedravarianteoutes_100_08_04_08.jpgOUTES > A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, presidiu o acto simbólico de colocación da primeira pedra da nova variante de Outes.

{flowplayer}barbanza/primeirapedravarianteoutes.flv{/flowplayer}

Ademais da Conselleira de Política Territorial, Obras públicas e Transportes, María Xosé Caride, no acto tamén estiveron presentes varios alcaldes da zona, entre eles os de Noia, Muros e Outes. Este último fixo referencia na súa intervención ó importante investimento que a Xunta realizará nesta infraestrutura, máis de 21 millóns de euros, que permitirá a mellora das comunicacións viarias.

María Xosé Caride referiuse a que a nova vía se configurará como unha alternativa máis áxil e segura á vella estrada AC-550 que une Cee con Noia e Ribeira.

Eixo Santiago-Noia-Muros

María Xosé Caride indicou tamén que a nova infraestrutura inclúese nas melloras das comunicacións previstas pola Consellería de Política Territorial para todo o eixo de comunicación Santiago-Noia-Muros, xa iniciadas coa posta en servizo da autovía Santiago-Brión e as obras do corredor Brión-Noia.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes investirá nesta infraestrutura máis de 21 millóns de euros, na que se incluirá a construción dunha nova ponte sobre a coñecida como enseada do Engano, que permitirá reducir a menos da metade a distancia e o tempo de percorrido con respecto á estrada que pasa polo centro de Outes.

A nova estrada iniciarase no límite entre os concellos de Muros e Outes e rematará no comezo da ponte de Ceilán que da acceso ó municipio de Noia. Terá unha lonxitude total de 4,7 quilómetros, con dous carrís, un para cada sentido.

Se todo marcha sobre o previsto a actuación debería estar rematada nun prazo de dous anos e medio, para que poida ser empregada con total normalidade polos veciños desta comarca, así como tamén polos numerosos visitantes que acuden á zona, fundamentalmente na tempada estival, para disfrutar da súa beleza natural e paisaxística.

Redacción Barbanza