Final feliz para un temporada que tardará en esquencerse. Durante moitos partidos soñouse incluso cun posible ascenso de categoría, que despois, tras moitas lesións e por moitos factores que incidiron no xogo dos grovenses, non se puido acadar.
O equipo foi quen de asegura-la permanencia moi cedo e afrontou sen presión gran parte da liga.
No derradeiro encontro, xa sen nada en xogo, o Rasoeiro desplazouse a Camariñas, para enfrontarse a un rival da zona media da táboa.
E precisamente por iso víuse un partido moi relaxado no que ambos adestradores aproveitaron para darlle entrada ós xogadores menos habituais nesta campaña.
O partido non tivo moita historia; foi igualado durante os sesenta minutos, con vantaxes que nunca superaban os dous goles, e que decidíuse co cronómetro a cero, cando Bruno executou un tiro directo que puxo o empate final (28-28). Precisamente Bruno foi o máximo goleador do encontro con oito tantos.
Agora xa se pensa na Copa; Monte da Vila acollerá o sábado o encontro de cuartos de final que os ha de enfrontar ó Portadeza Lalín. Os xogadores mecos agardan con ilusión a chegada deste torneo que pode poñerlle a guinda a este magnífico ano.
Nesta mesma división o equipo pontevedrés do Cisne Grupo Pirsa caeu por dez goles de diferencia na cancha do campión de liga, o Peguform por 35 -25. deste xeito, o Cisne remata a liga en sexta posición.
Redacción Salnés