O BNG apoiará ós afectados para conseguir a retirada do parque de Laxe Brava

    bnglaxebrava_100_160408.jpgRIBEIRA > O BNG manifestou a súa oposición ós argumentos esgrimidos por Pesca para rexeitar a retirada do parque de Laxe Brava do Plan Acuícola.

    {flowplayer}barbanza/bnglaxebrava.flv{/flowplayer}

    Mentres que a retirada do polígono de Couso e a redución da planta de Seráns foron recibidas de xeito moi positivo polo BNG, os representantes da formación nacionalista en Ribeira califican de inaceptable o mantemento da piscifactoría prevista na Laxe Brava, en Corrubedo.

    Argumentos cuestionables

    A súa voceira, Dominga Brión, pon en cuestión os argumentos que, segundo a Consellería de Pesca, xustifican a necesidade deste parque. Entre eles, a creación de emprego, posto que non se especifica o número de postos de traballo nin as condicións ou a compatibilidade da actividade acuícola con outras a desenvolver na zona.

    Os nacionalistas destacan ademais a afección que a actividade da factoría terá sobre os recursos pesqueiros e marisqueiros así como o impacto ambiental nun entorno virxe e de alto valor ecolóxico que chocaría mesmo co futuro desenvolvemento do parque natural de Corrubedo.

    Todas estas razóns engádense á forte contestación social que tivo o proxecto; polo que o BNG seguirá a apoiar ós afectados co fin de conquerir a retirada da plante de Corrubedo do Plan Acuícola de Galicia.

    Redacción Barbanza