As artes marciais chegan a Vilagarcía da man do Kenpo

kenpo250_170408.jpgVILAGARCÍA > O pavillón de Fontecarmoa será o encargado de acolle-lo Primeiro Campionato Internacional de Kempo, unha modalidade de artes marciais que reunirá a máis de catrocentos loitadores de toda Europa.

{flowplayer}images/salnes/kenpo_170408.flv{/flowplayer} 

É a primeira vez que un campionato deste nivel e destas características visita Vilagarcía. Será o Trofeo Cidade de Vilagarcía de Kenpo, que durante esta fin de semana, sábado e domingo, se disputará en Fontecarmoa.

Máis de 400 participantes chegarán non só de toda España, senón de todo o mundo. O Kenpo é un arte marcial, do que provén o kárate,  que pasa por ser na actualidade unha das disciplinas máis duras e complexas. 

Do Club Kempo de Vilagarcía participarán entre 40 e 50 competidores que tentarán facelo na casa tan ben como o soen facer cando saen a competir fóra; sempre acadan medallas. O campionato comezará o sábado pola mañá ás 09:30, e competirase en modalidade de katas, defensa persoal e katas con armas. Xa pola tarde realizaranse eliminatorias de combate, tanto en categoría junior como de cinturóns marrón e negro. Os que se clasifquen, pola noite participarán nunha velada que será o forte do campionato.

Para o domingo quedarán as finais en categoría infantil que darán paso á posterior entrega do trofeos sobre as dúas da tarde. O campionato pecharase pola tarde despois de que tódolos participantes e afeccionados que queiran, poidan desfrutar dunha degustación de productos típicos galegos.

Dende a organización do torneo faise un chamamento a todos aqueles que queiran desfrutar desta competición, pouco coñecida aínda, pero moi espectacular.

Redacción Salnés