SEPES iniciará os contactos cos propietarios para a ampliación da Tomada

    ampliaciontomada_100_230408.jpgPOBRA > A ampliación do actual polígono industrial da Tomada podería iniciarse nun prazo aproximado dun ano.

    {flowplayer}barbanza/ampliaciontomada.flv{/flowplayer}

    A viaxe do rexedor pobrés a Segovia co gallo da reunión anual estatal para axentes de desenvolvemento local organizada pola Entidade Pública Empresarial do Solo, SEPES, que xestiona o polígono industrial da Tomada non puido ser máis produtiva.

    Adquisición dos terreos

    Isaac Maceiras indicou que a actuación é xa un feito. Proba diso e que responsables desta entidade se desprazarán o vindeiro seis de maio á localidade para inicia-los contactos cos propietarios das parcelas afectadas pola ampliación para facerse cos terreos e así iniciar canto antes a urbanización do parque. Un proceso que neste caso será levado a cabo por SIGALSA, Solo Industrial de Galicia, unha empresa participada pola propia SEPES.

    Segundo informou o propio rexedor pobrés se se cumpren os prazos previstos a urbanización do polígono de A Tomada, nesta segunda fase, podería iniciarse nun prazo dun ano.

    Cen mil metros cadrados

    A ampliación do polígono pobrés suporá unha actuación cunha superficie total de 100 mil metros cadrados, dos que aproximadamente 60 mil será destinados a uso industrial.

    Na actualidade existe unha importante demanda, sendo numerosas as empresas interesadas en dispor de máis chan industrial na Tomada como é o caso de Cartogal, Transportes Mapir, ACTEMSA, Procesados Pesqueiros do Grupo Lumar, cerraxería Paz García ou Excavación Nime. O número de parcelas aínda está por determinar, ofertándose terreos de entre dez mil metros cadrados e 500.

    Asimesmo o executivo pobrés informou tamén que lle solicitarán ós propietarios daquelas parcelas da Tomada que actualmente se atopan baleiras a presentar no prazo de catro meses un proxecto empresarial, e de non levalo a cabo estudaríase a vía da expropiación.

    Redacción Barbanza