A dimisión da directiva de AETAN retrasa a creación do consorcio de turismo

    dimisionaetan_100_240408.jpgAROUSA NORTE > O proceso de constitución do consorcio de Turismo Arousa Norte está a resultar máis complicado do que se prevía nun principio.

    {flowplayer}barbanza/dimisionaetan.flv{/flowplayer}

    O anuncio de dimisión da directiva da Asociación de Empresarios Turísticos de Arousa Norte (AETAN) hai uns días, pon de manifesto as discrepancias que existen entre o colectivo de empresarios e a Mancomunidade e volve retrasar un proxecto vital para o desenvolvemento económico da comarca.

    As diferencias entre administración e empresarios turísticos afloraron nunha xuntanza celebrada hai uns meses na que se pretendía negociar os estatutos do futuro consorcio. O escaso porcentaxe de voto que lle corresponde aos empresarios dentro da entidade, tan só o catro por cento, parece non ser o único motivo do cese da directiva de Aetan, co seu presidente Román Castaño a cabeza.

    Dende o colectivo empresarial consideran que Arousa Norte, que nun principio contou con eles para formar parte do consorcio, agora lles está a dar as costas.

    Oportunidade única

    Malia as diferencia existentes, Castaño, que seguirá asociado ao colectivo AETAN, ten a esperanza de que a nova directiva sexa quen de levar adiante o consorcio de turismo dado que se trata dunha oportunidade única que dará ao sector o pulo que precisa para consolidarse na comarca.

    Convocatoria de eleccións

    O cese da directiva de Aetan farase efectivo de xeito irrevogable a vindeira semana durante a celebración da asamblea xeral. A partir dese momento abrirase o prazo de candidaturas para elexir ao novo equipo directivo.

    Pola súa banda, dende as outras partes que conforman o consorcio, administración autonómica, provincial e local, consideran que a cota de poder dos empresarios se corresponde ca a aportación económica que realizan a entidade que é dun catro por centro do total. Consideran que este punto dos estatutos non debe ser modificado, dado que mesmo se podería recorren nunha ilegalidade.

    Redacción Barbanza