Presos de Teixeiro visitan o museo Valle-Inclán no marco dun programa de reinserción

    visitapresos_100_300408.jpgPOBRA > Unha ducía de internos do centro penitenciario de Teixeiro visitaron onte o museo Valle-Inclán da Pobra.

    {flowplayer}barbanza/visitapresos.flv{/flowplayer}

    O módulo terapéutico do cárcere de Teixeiro púxose en marcha en marzo de 2006 co principal obxectivo de ofrecer aos presos un tratamento específico, tanto psicolóxico como de desintoxicación de drogas a través de terapias ocupacionais.

    Difusión do patrimonio cultural

    Na actualidade están traballando no fomento da cultura entre os presos que voluntariamente se someten a esta cura. Este martes, ademáis de visitar o museo Valle-Inclán da Pobra estiveron na Fundación Camilo José Cela en na casa de Rosalía de Castro no concello de Padrón.

    Acceso ó tercer grao

    Aqueles reclusos que completen con éxito a terapia terán a posibilidade de acceder a un tercer grao, e continuar co tratamento en centro como Proxecto Home.

    Malia levar tan só dous anos funcionando, dende a dirección de esta unidade terapéutica xa consideran todo un éxito os logros acadados, xa que dan aos reclusos a oportunidade de iniciar unha nova vida unha vez se reincorporen á sociedade.

    Redacción Barbanza